Book Title: Cantares Gallegos

Book Description: Rosalía compón esta obra en forma de glosas de cantares ou ditos populares, poñendo "o maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo", mediante unha poesía sinxela, popular, en simbiose coa cosmovisión dos labregos, que constituían a inmensa maioría da poboación da Galiza do século XIX. Rosalía, en perfecta comuñón ideolóxica e estética coas clases populares, consegue expresar de forma auténtica e coherente a voz colectiva do país, creando unha sorte de epopea popular.
Contents
Book Information
Book Description
Rosalía efectúa unha reivindicación da Terra e da fala. Vai haber, xa que logo, na exaltación dos costumes galegos, na protesta da desconsideración coa que se nos trata, unha actitude de reivindicación nacional, de denuncia e protesta social, coa finalidade de afirmar a nosa conciencia colectiva. Redundando na reivindicación, esta ecoa en todo o libro e mesmo a podemos observar nos cadros de costume máis idílicos, nos versos máis aparentemente acríticos.
License
Cantares Gallegos Copyright © by Rosalía de Castro and Castro, Rosalía de. All Rights Reserved.