4

petapouca

Cantan os galos pr’ ó dia,

Erguete, meu ben, e vaite.

—Como m’ ei d’ ir queridiña,

Como m’ ei d’ ir e deixarte

 

—D’ eses teus olliños negros

Como doas relumbrantes,

Hastr’ as nosas maus unidas

As vagoas ardentes caen.

¿Como m’ ei d’ ir si te quero?

Como m’ ei d’ ir e deixarte,

Si cá lengua me desvotas

E có coraçon me atraes?

N’ un corruncho do teu leito

Cariñosa m’ abrigaches

Có teu manso caloriño

Os frios pés me quentastes;

E d’ aqui xuntos miramos

Por antr’ ó verde ramaxe,

Cal iba correndo á lua

Por enriba dos pinares.

¿Como queres que te deixe

Como que de ti m’ aparte,

Si mais qu’ á mel eres dulce

E mais qu’ as froles soave?

 

—Meiguiño, meiguiño meigo,

Meigo que me namoraste,

Baite d’ onda min meiguiño

Antes qu’ ó sol se levante.

 

—Ainda dorme, queridiña,

Antr’ as ondiñas do mare,

Dorme por que m’ acariñes

E por qu’ amante me chames,

Que sol’ onda tí, meniña,

Pódo contento folgare.

 

—Xa cantan os paxariños,

Erguete, meu ben, qu’ é tarde.

 

—Deixa que canten, Marica,

Marica deixa que canten…

Si tí sintes que me vaya,

Eu relouco por quedarme.

 

—Conmigo, meu queridiño,

Mitá dá noite pasaches.

 

—Mais en tanto ti dormias

Contenteime con mirarte,

Qu’ asi sorind’ entre soños

Coidaba qu’ eras un anxel,

E non con tanta pureza

O pé d’ un anxel velase.

 

—Asi te quero, meu ben,

Com’ un santo dos altares,

Mais fuxe… qu’ ó sol dourado

Por riba dos montes saye.

 

—Irey, mais dame un biquiño

Antes que de tí m’ aparte;

Qu’ eses labiños de rosa

Inda non sei como saben.

 

—Con mil amores chó dera,

Mais teño que confesarme,

E moita vergonza fora

Ter un pecado tan grande.

 

—Pois confesate, Marica,

Que cando casar nos casen,

Non ch’ an de valer, meniña,

Nin confesores nin frades.

Adios, cariña de rosa!

 

—Raparigo, Dios te garde!

License

Cantares Gallegos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado.