6

petapouca

Fun un domingo,

Fun pó la tarde,

Có sol que baixa

Tras dos pinares,

C’ as nubes brancas

Sombra dos ánxeles,

C’ as palomiñas

Qu’ as alas baten,

Con un batido

Manso, e suave,

Atravesando

Vagos celaxes

Mundos estraños

Qu’ en rayos parten

Ricos tesouros

D’ ouro e diamante.

Pasin os montes,

Montes e valles,

Pasin llanuras,

E soledades:

Pasin os regos,

Pasin os mares,

Con pés enxoitos

E sin cansarme.

 

* * *

 

Colleum’ a noite,

Noite brillante,

C’ un-ha luniña

Feita de xaspes,

E fun con ela

Camiño adiante;

C’ as estreliñas

Para guiarme,

Qu’ aquel camiño

Solo elas saben.

 

Dempois á aurora

Có seu sembrante,

Feito de rosas

Veu á alumbrarme;

E vin estonces

Antr’ o ramaxe

D’ olmos e pinos,

Acobexarse,

Branca casiña

Con palomare,

Dond’ as pombiñas

Entran e sayen.

N’ ela s’ escoitan

Doces cantares,

N’ ela garulan

Mozos galantes

C’ as rapaziñas

D’ outros lugares,

Tod’ é contento,

Tod’ é folgare,

Mentras a pedra

Bate que bate,

Mole que mole,

Dalle que dalle,

Con lindo gusto

Faille compases.

 

Non hay sitiño

Que mais m’ agrade,

Qu’ aquel muhiño

D’ os castañares;

Dond’ hay meniñas,

Dond’ hay rapaces,

Que ricamente

Saben loitare.

Donde rechinan

Hasta cansarse,

Mozos e vellos,

Nenos e grandes;

E anque non queren

Qu’ aló me baixe

Sin qu’ o soupera

Ná casa naide,

Fun á o muhiño

D’ o meu compadre,

Fun pó lo vento,

Vin pó lo aire.

License

Cantares Gallegos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado.