19

petapouca

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

I.

 

Pasan n’ aquesta vida

Cousiñas tan estrañas,

Tan raros feitos vense

Neste mundo de trampa,

Tantos milagres vellos

Tan novas insinanzas,

E tan reboltos alIos

Con nome d’ ensaladas,

Que non che digo nada…

Pero vaya!

 

Meniña, ven vestida,

Meniña, ven calzada,

Que ten roupa de cote,

Que ten roupa de garda,

Meniña que ben folga,

Meniña qu’ anda maja,

Y é probe, malpecado,

Com’ un-ha triste araña.

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Véxote aló antr’ os millos,

Véxote aló nas brañas,

Xa no pinar espeso,

Xa na beiriña mansa

Do rio que correndo

Vay antr’ as verdes canas,

E xuras qu’ estás soya,

Que naide t’ acompaña…

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Casada casadiña,

Que gustas ser falada,

Que bailas c’ as solteiras

Nás festas e ruadas

Que tes ná boca á risa

E que c’ os ollos falas,

E que á ó falar con eles

Parece que che saltan,

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Cando mirar te miro

Tan limpa e tan peinada,

Loitar c’ os rapaciños,

Hastra qu’ enti se fartan,

E ves dimpois xurando,

Qu’ eres muller sin chata,

E dís qu’ ás mais non teñen

Contigo comparanza,

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

E ti, roxa roxiña,

Modesta e recatada,

Çue falas tan mainiño,

Que tan mainiño andas,

Qu’ os pes d’ os homes miras

Para non verlle á cara,

E fás que non entendes

Cando d’ amor che falan.

Non che digo nada…

Pero vaya.

 

Vas pó la mañanciña

A misa c’ as beatas

Dempois… (por qué, ti ó sabes)

De xunta d’ elas largas;

E si ná corredoira

Xunto da verde parra,

Non sey con que xentiña

Páraste ou non te paras,

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

E ti rapas garrido

De tan melosas falas,

Tan majo de monteira,

Tan rico de polainas,

Tan fino de calzado

Como de mans fidalgas,

Cando me dís que gustas

De traballar na braña,

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Ti falarás d’ amores

Cousiñas ben faladas,

Ti loitarás c’ as nenas

Como ningun loitara;

Ti beberás do mosto

Hastra quedar sin fala,

Pero, cós teus sudores

Mollar á terra ingrata,

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Mais tantas causas vexo

Que me parecen trampa,

Tanto sol entre nubes,

E tan revoltas auguas

Qu’ asemellarse intentan,

A un-ha fontiña crara,

Que por non perder tempo

Donde non quito racha,

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

 

II.

 

Pasan n’ aquesta vida

Cousiñas tan estrañas,

Tan raros feitos vense

Neste mundo de trampa,

Tantos milagres vellos,

Tan novas insinanzas,

E tan revoltos allos

Con nome d’ ensaladas

Que non che digo nada…

Pero vaya!

 

E qu’ algo deprendera

Triste de min coidaba,

E qu’ á esperencia neta

Ninguen m’ iba en puxanza

Por ter na frent’ enrugas,

E ter caniñas brancas,

Cando hay hoxe uns mociños

Mesmo dende que maman

Que non che digo nada…

Pero vaya!

 

Xa non che val Farruco,

Que vivas en compaña

Dos anos pensadores

Nin da esperencia calva,

Nin qu’ ollo alerta vivas

Com’ á cordura manda

Que donde menos penses

Tamaña lebre salta

Que non che digo nada…

Pero vaya!

 

Xa sendo noit’ oscura,

Dinche qu’ é noite crara,

Xa estand’ ó mar sereno

Che din que fay borrasca,

E tanto te confunden

E tanto te acobardan

Qu’ anque falar quixeras

Tal coma Dios che manda

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Si eres francés meu bello,

Si eres da lonxe Australia,

Si aló do sol baixaches

Ou dás estrelas palidas,

Con séria gravedade

Quisais che perguntaran

E tí pasmado todo,

Calado mormuraras:

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Por eso meu belliño

Si d’ estudiar non tratas

A cencia d’ estos tempos,

Qu’ é com’ el augua crara,

Anque c’ á parromeira

Tamen ten comparanza,

Que nesto á cencia estriba,

Y en tér distintas caras,

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Sin entender un ele

Verás que ben s’ amañan

Honrados e sin honra,

Rameiras e beatas

Verás como s’ axuntan,

Verás como se tratan,

Mentras que ti marmuras

C’ á lengua d’ un-ha coarta

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

Verás cór de sireixa

Quen foy cór d’ esmeralda,

Y aqueles tan azues

Que sangre azul manaban,

Manar sangre bermella

Pó la moderna usanza,

Y esto con tal chistura

E con fachenda tanta,

Que non che digo nada…

Pero vaya!

 

Verás que revolturas,

Que ricas contradanzas,

Que gaitas con salterio,

Que pífanos con arpas,

Que dengues encarnados

Con mantilliñas brancas

Chapurra que chapurra

En confusion tan varea

Que non che digo nada…

Pero vaya!

 

Ti pensarás qu’ aquesto

É tod’ un-ha antroidada,

Qu’ aqui un levita sobra

Y un-ha chaqueta falta;

Qu’ alí se comen lebres

En vez de calabazas,

E tocan frautas donde

Deben tocar campanas…

Mais non che digo nada…

Pero vaya!

 

Deprende meu velliño

A cencia ben amada,

Que saibamente insina

Tan rica misturanza,

Si queres ser sabido

En cousas tan estrañas,

Pois antre tantas nobas

As costumiñas rancias…

Non che digo nada…

Pero vaya!

 

License

Cantares Gallegos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado.