petapouca
Mais ó que ben quixo un dia,
Si á querer ten aficion
Sempre lle queda un-ha magoa
Dentro do seu coraçon.
I.
Aló nas tardes serenas,
Aló nas tardes caladas,
Fanse mais duras as penas,
Que nas brandas alboradas.
* * *
Aló nas tardes sombrisas
Aló nas tardes escuras,
Fanse mais cortas as risas
Mais negras as desventuras.
* * *
Que non hay sera tranquila
Para quen remorsos garda,
E mais presto s’aniquila
Canto mais á noite agarda.
II.
Eu ben sei d’estos secretos
Que s’esconden nas entrañas,
Que rebolen sempre inquietos
Baixo mil formas estrañas.
* * *
Eu ben sei d’ estes tormentos
Que consomen e devoran
Dos que fan xemer os ventos
Dos que morden cando choran.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Y anqu’hora sorrindo canto
Anqu’hora canto con brio,
Tanto chorey, chorey tanto,
Com’as auguiñas d’un rio.
* * *
Tiben en pasados dias,
Fondas penas é pesares,
E chorey vagoas tan frias
Com’as auguiñas dos mares.
* * *
Tiben tan fondos amores,
E tan fondas amarguras,
Qu’era fonte de dolores
Nacida entre penas duras.
III.
Hora rio, hora contento,
Vóu pó las eiras cantando,
Vendo d’onda ven ó vento
Cando vóu levar ó gando.
* * *
Hora con grande sosiego
Durmo na veira d’as fontes,
Durmo na veira d’os regos.
Durmo na punta d’os montes.
* * *
Mais ó que ben quixo un dia,
Si á querer ten aficion
Sempre lle queda un-ha magoa
Dentro do seu coraçon.
Feedback/Errata