35

 

I.

 

Si á vernos, Marica, nantronte viñeras

 festa d’ o Seixo n’ a beira d’ o mar,

Ti riras, Marica, cal nunca te riches

Debaixo d’ os pinos d’ o verde pinar.

* * *

 sombra d’ os pinos , Marica ¡que cousas

Chistosas pasaron! que rir toleiron!

Relouca d’ arriba, relouca d’ abaixo,

Iñamos , víñamos y ó bombo… pon… pon.

* * *

As cóchegas brandas , as loitas alegres,

Os berros, os brincos, os contos sin fel,

Todiños peneques, alegres todiños…

Y á nosa Señora detrás d’ o tonel.

 

II.

 

Coitada! que festa brandida perdeche!…

Cantáras, bebéras , dormiras, y así

N’ un feixe miráras rolar xuntamente

Mociños e vellos d’ aqui par’ ali.

* * *

Co á vista trubada, c’ os ollos dormentes

Sorrindo, comendo, pifando é ainda mais,

Qu’ apertos, qu’ olladas tan chuscas trocaban

As nenas de xenio c’ os mozos de Cáis!

* * *

Debaixo d’ os ricos pareauguas de seda

Qu’ abertos formaban tamaño rodel,

Todiños chispados, qué cousas decian!

Y á nosa Señora detrás d’ o tonel.

 

III.

 

Mais ela de cote tan grav’ e soberba,

Tan fina d’ o ido, tan curta de mans,

Xordiña quedára, falando por sete,

Con probes e ricos, con porcos é cans.

* * *

Men amo folgado de tanta largueza,

Que n’ era costume na dona tal ver,

Tamen ¡miña xoya! saltando da burra

¡Pin! pan! rio arriba botouse á correr.

* * *

Y á dona sorria con ollo entraberto

Comendo castañas e viño con mel…

¡Que festa, Marica!… todiños peneques…

Y á nosa Señora detrás d’ o tonel.

License

Cantares Gallegos Copyright © by Rosalía de Castro and Castro, Rosalía de. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado.