26

petapouca

I.

 

—Vente, rapasa,

Vente miniña,

Vent’ á lavar

No pilon d’ á fontiña.

 * * *

Vente, Minguiño,

Minguiño vente,

Dóuche sinon

Pó-Io demo do dente.

  * * *

¡Qu’ augua tan limpa!

Que rica frescura!

Vent’ á lavar

Qu’ é un primor, criatura

  * * *

Válganos Dios

Que si auguiña n’ hobera,

Lama este corpo

Mortal se volvera.

  * * *

Vinde á lavárvos,

Andá lixeiros,

A cara pirmeiro

Dimpois os peïños.

  * * *

¡Ay! que miniña!

Que nena presiosa,

Dempois de lavada

Pares’ un-ha rosa.

  * * *

Y este miniño

Que teño no colo,

Dempois de lavado

Parec’ un repolo.

  * * *

¡Ay! que tan cuco!

jAy! que santiño!

Ven ôs meus brazos

Dareich’ un biquiño.

  * * *

Olliños de groria!

Cariña de meiga!

Apértame ben

Coraçon de manteiga!

  * * *

Corre, corre

A qu’ Antona te peite,

Corre, daráche

Un-ha cunca de leite.

  * * *

Corre, corre

A teu pai, Mariquiña,

Que come cebola

Con pan e sardiña.

 

 

II.

 

—Válgate Dios

Qu’ inda os figos son duros!

Mais que fartiña

En estando maduros!

  * * *

El e mais éu

Y á comadre d’ abaixo,

Hemos de ter

Qu’ alargar ó refaixo.

  * * *

Rica figueira

Que Dios te bendiga,

Qu’ ásme abofé

De fartar á barriga.

  * * *

Jey! ó d’ os ovos

Que vás de camiño,

¿Cantas duciñas

Topache no niño?

  * * *

—Un-ha no mais!

No me teño c’ á risa!

Es’ ech’ un canto

Que vay par’ á misa

  * * *

Dam’ acá seis

Qu’ un fricol che faria

Qu’ ô mesmo rey

Qu’ envidiar lle daria.

  * * *

Xá que non quès

No camiño che colla,

Vento de vira,

C’ un saco de molla.

 

 

III.

 

—Turra ¡turra!

Xán pó-la burra,

Mira que Pedro

A cadela ch’ apurra.

  * * *

Ay! desdichada

De min que á vexo

Fincarch’ ó colmillo

No triste pelexo.

  * * *

Diancre de Xán

Que non corre nin tóa!

Ben aya amen

Quen os osos che roa.

  * * *

Chúrras! chúrras!

Chúrriñas, chúrras!

Cás-qui-tó

Qu’ escorrenta-las burras.

  * * *

Pica, pica,

Suriña pica,

Leballe un gran

O teu fillo na bica.

  * * *

Marcha can

A ladrar ô palleiro,

Sei que ch’ agrada

O demóro do cheiro.

  * * *

Baiche c’ o cán

Qu’ ó peixiño lIe gusta,

Mais â teu dono

O diñeiro lle custa.

  * * *

Gachi! gachi!

Que dencho de gato!

Como se farta

No prebe do prato!

  * * *

Inda rebentes

Larpeiro rabudo!

Qu’ inda na gorxa

Ch’ aperten un nudo!

  * * *

Truca, perico,

No gato rabelo

Hastra deixalo

Quedar sin un pelo.

  * * *

Qu’ eu s’ outra vez

Ó camiño m’ atranca

Ei de romperlle

No lombo un-ha tranca.

  * * *

Malo d’ aquel

Que non sabe de misa,

Nin entra na igrexa

Nin gasta camisa.

  * * *

¡Ay! que galiña

Saltou no balado,

Sey que quer vir

A comer de prestado.

  * * *

Isca d’ ahi

Galiña maldita,

Isca d’ ahi

Nó me mate-la pita.

  * * *

Isca d’ ahí

Galiña ladrona,

Isca d’ ahí

Pra câs tua dona.

License

Cantares Gallegos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado.